En Cantabria pasámolo todos moi ben.
Nas covas de El Soplao vimos moitas cousas: estalacmitas, estalactitas, columnas de minerais... Era moi bonito estar alí e, coas luces, inda máis. Había duas estalacmitas que parecían persoas, tamén moi bonitas; pero o máis bonito foron os "nós mariñeiros", que son minerais enredados.
En Santander tamén mo pasei ben coas olas do mar, que medirían máis de dous metros, e os leois mariños, as focas e os pingüinos eran moi graciosos. Tamén había un palacio con 365 ventás, onde se rodou "Gran Hotel".
O Parque Natural de Cabárceno é moi interesante, e moi graciosos os animais. Había moitísimos como: osos, tigres, leois, gorilas, linces, wallabies, llamas, avestruces, gamos, monos de Xibraltar, réptiles, cervos, cebras, elefantes, aves, xabarís, lobos, rinocerontes, yaks...
O peor foi a chuvia, que estivo todos os días.
Santillana do Mar tamén foi moi bonito, xa que todo era como na idade media, as casas, os carteis dos bares e das casas... Había un templo que se construiu no século XII, que estaba algo inclinado.
A Neocova de Altamira foi bonita e interesante, porque aprendemos moito sobre os nosos antepasados.
O albergue tamén era chulo e, o que máis me gustou foron as habitacións e a comida, que estaba moi rica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario