O primeiro día fomos de excursión a Cantabria .Despois de moita chuvia chegamos a El Soplao. Gústoume moito. Logo facía sol e dirixímonos ao alberge Cabárceno. Desempaquetamos todo, fixémos as camas, charlamos e logo baixamos cear. Despois de cear e lavar os dentes xogamos a un xogo pero,como me doía a cabeza tiven que subir. Ao pouco chegaron as alborotadoras e , case sen querer espertáronme.
Ao día seguinte fomos a Cabárceno que me gustou moito e a Santander que tamén me gustou. Logo de chegar ao alberge ceamos e fomos a"discoteca"onde bailamos moito.Cansas regresamos aos nosos cuartos.
O día final fomos a Santillana del Mar(que non e santa , nin chá nin ten mar) e compramos alí os regalos as nosas familias e amigos. A continuación acudimos a ver as covas de Altamira. Eran moi bonitas e interesantes. Logo xantamos e ... de volta a Galicia despois dunha breve visita a Vegadeo que estaba no limite entre Asturias e Galicia . Despois moi cansos fomos ao cole para que nos buscaran.
No hay comentarios:
Publicar un comentario